
O Mendo en Roibeira
Augas de Galicia informou de que está a realizar traballos de conservación e limpeza dos tramos interurbanos de cinco ríos e regatos ao seu paso polos municipios de Betanzos e Paderne. Trátase dos cursos fluviais do río de Caraña, do rego de Infesta e mais o do Pasatempo, o regato da Angustia e mais o río Mendo.
Os traballos desenvólvense debido ao potencial risco de inundación e basicamente están a consistir na retirada de árbores e ramas e broza.