Atopada a muller que faltaba en Betanzos desde o sábado

María Concepción Carro, a muller que faltara na súa casa de Betanzos desde o pasado sábado, foi localizada nos campos da Cidade Deportiva de Abegondo. A Garda Civil informou de que, tras atopala, foi trasladada a un centro hospitalario.

Na súa busca desde o domingo participaron efectivos de Protección Civil e da Garda Civil e durante a noite continuaron patrullas de Miño e Irixoa. Este luns, seguiu facéndoo unha patrulla de Betanzos “co reforzo doutros compañeiros”, explicaron desde a Garda Civil.