Ata o día 20 poderán presentarse orixinais ao concurso de Cartaces de Nadal

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Ata o vindeiro 20 de novembro ás dúas do mediodía, todo o alumnado que estea a cursar a educación primaria e secundaria ou equivalente no noso municipio poderá presentar un traballo en cartolina de 40×30 cm e en galego, tanto de xeito indicidual como en grupos de un máximo de tres alumnos, para participar no concurso de carteis de Nadal, cuxo tema será, obviamente, esta festa.

Os orixinais presentaranse no departamento de Cultura do Concello (situado no primeiro andar do Pazo Municipal) a máis tardar o día 20 de novembro antes das dúas da tarde.

De entre todas as obras, un xurado composto pola alcaldesa e profesorado dos distintos centros escollerá a obra gañadora, que ilustrará o programa de festexos de Nadal, Aninovo e Reis do Concello de Betanzos. Todos os participantes terán un pequeno agasallo. As bases están no web municipal.