Asaltan seis igrexas da comarca en busca de obxectos de valor

Igrexa de San Martiño de Tiobre cun carballo en primeiro termo. Turgalicia

Unha peculiar ruta do románico percorreron varias persoas nos últimos días pola comarca. Pero non para admirar labras, capiteis e volutas, senón para rebuscar obxectos de valor nos templos. San Martiño de Tiobre, en Betanzos,  Armea e Espenuca, en Coirós, Feás, Muniferral e a ermida de San Vitorio en Cambás, en Aranga, foron as paradas deste particular roteiro polo patrimonio das Mariñas.

A primeira, a de Tiobre, resistiu. No resto, máis que obxectos de valor, que apenas había, entre outras cousas por estar alonxadas e cun culto racionado, quedaron estragos: portas fendidas, pavimentos rebentados, marcas de tratar de acceder ao interior. E a desorde e rotura de elementos dentro para levar moedas dos petos e pouco máis.

Os feitos xa foron denunciados no cuartel da Guardia Civil de Betanzos, que está a investigar o sucedido.