Armea reivindica aos seus persoeiros medievais: Maria Balteira e ero de Armea

Unha soldadeira nunha miniatura do Cancioneiro da Ajuda

María Balteira está de plena actualidade. A soldadeira brigantina do século XIII centra xornadas e investigacións neste verán.

O filólogo, profesor e investigador Alberto Barreiro, Warren, presenta este sábado, ás 21 h na antiga unitaria de Colantres, unha obra de divulgación para achegar a vida e significado da súa veciña de Armea. Antes da presentación do libro, no xardín da antiga escola farase un sinxelo acto co descubrimento dun monolito cunha praca en memoria de María Péres, a Balteira, e de Pero de Armea, un trobador da mesma época.

Ambos os dous formaron parte da corte do rei galego e de Castela Afonso Nono O Sabio. Barreiro está ultimando a investigación sobre as dúas figuras, que sairá en formato de libro despois do verán gracias á edición que fará o Concello.

Mañá sábado fará unha presentación pública deste proxecto ás 21.00 horas na antiga unitaria, sede da Asociación Cultural e Recreativa Collantres. Poeta un- consérvanse 18 cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldizer da súa autoría nos cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Vaticano- e ela soldadeira- protagoniza cantigas de escarnio e maldicer pola súa vida independente.

O libro será para todos os públicos, fuxindo de erudición. A súa finalidade, explica Barreiro, é achegar ambas figuras a todos os públicos. O libro deste filólogo é un achegamento á cultura dos trobadores e a uns tempos nos que o galego era o idioma de prestixio da península, nada que ver co de agora.