Animalistas critican que o goberno local promova un trofeo de caza

O edil de deportes, a de festas e a alcaldesa, na presentación dunha proba deportiva. Imaxe do Concello

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber criticaron ao Concello de Betanzos por colaborar na organización do XVIII Trofeo Internacional de Caza San Huberto “Cidade de Betanzos” e incluílo na programación das festas patronais de San Roque.

Aseguran as entidades que se trata dunha “seudocompetición” de caza na mañá do día 15 en Oza-Cesuras. Ambas entidades cualifican de “surrealista” o apoio do Concello a este tipo de eventos que son, recalcan, “contaminantes e innecesarios” e pedirá información ao Goberno local sobre a súa implicación no evento.

Cuestionan asemade que canda o logotipo do Concello figuren os da Xunta, Deporte Galego e varias empresas “coñecidas” na comarca. Critican que a administración autonómica “siga considerando a caza como unha práctica deportiva a pesar do inmenso rexeitamento social que esperta”.