Ana Miranda manterá un encontro cos produtores da comarca

Ana Miranda e representantes do BNG na praia bergondesa do Regueiro

A eurodeputada do BNG e candidata á reelección, Ana Miranda, manterá esta tarde un encontro con produtores de Betanzos e a súa comarca. A cita terá lugar ás cinco da tarde no Mesón O Jaiteiro, na Ribeira.

Tras esta parada, compartirá coa voceira nacional da formación, Ana Pontón, e a candidata á alcaldía de Sada, Isa Reimúndez, un mitin ás oito do serán na praza de San Roque. Mentres, os nacionalistas betanceiros manterán, á mesma hora, un encontro coa veciñanza de Tiobre no local social da parroquia.