Adxudicada a substitución das fiestras do Pazo Municipal

O pazo municipal, cos escudos sobre o balcón

O goberno local ven de adxudicar a renovación das fiestras de madeira do Pazo Consistorial, na praza. O importe da adxudicación é de 31.408,02 euros e a instalación dos novos ventanais terá que facerse en tres meses.

Como ven sendo habitual e fonte de problemas de maneira recorrente, o goberno Barral decidiu que o 80% da puntuación para adxudicar o contrato fose o prezo. 

Da rehabilitación dos escudos da fachada do edificio proxectado por Ventura Rodríguez, porén, nada se sabe a pesar de ser convenientemente anunciado en precampaña das pasadas eleccións municipais.