Acordo para reverter o ERTE en tres Galiñas Azuis, entre elas a de Betanzos

Aula de educación infantil

Promoción de la Formación Las Palmas, a empresa que xestiona as escolas infantís Galiña Azul de Carballo, Betanzos e o pontevedrés barrio de Monteporreiro, chegou a un acordo para reverter o Expediente Regulación Temporal de Emprego ( ERTE) posto en marcha. Segundo informa o sector de Ensino de FeSP-UXT Galicia nun comunicado, despois de “longas negociacións” chegouse a este acordo coa empresa, que conta cun contrato de xestión indirecta co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A empresa aseguraba non ter un compromiso de pago por parte do Consorcio e temían que as sucesivas prolongacións do estado de alarma xerasen un problema financeiro que puidera abocala mesmo ao peche. UXT sinala que, finalmente, conseguiuse o compromiso por parte do empresario de iniciar de inmediato” os procedementos administrativos necesarios” para reverter o ERTE de escolas infantís.

O sindicato defendeu desde o inicio a obrigatoriedade de aterse á normativa, que establece que se abonarán os gastos salariais dos traballadores durante o período de suspensión do contrato, pois “de ningunha maneira os traballadores poden ver cernado o seu dereito para percibir o 100% o salario que a normativa lles garante”.