ACEBE organiza un mercado de oportunidades con quince comercios asociados

Imaxe da rúa do Rollo, unhas das rúas comerciais de Betanzos

ACEBE CCA organiza entre os días 22 e 27 de febreiro unha nova edición de Fóra Stock Betanzos, o Mercado de Oportunidades do Comercio de Betanzos que se celebra, como en anos anteriores, dentro dos establecementos participantes.

Nesta ocasión inscribíronse 16 comercios que ofrecerán aos seus clientes descontos especiais nos seus artigos de fin de temporada. Participan no evento os seguintes establecementos comerciais: Badía Asistencial, Bicoca Moda Home, Complementos Adrezo, Confecciones Chela, Dans, El Cantón Ropa Interior, Freesia, Graf, Isi, Lencería Alicia, Óptica Betanzos, Óptica Brigantium, Óptica-Parafarmacia Selgas, TD Oportunidades, Traviesa e Xoma Kids.

Os negocios inscritos estarán identificados cun cartel do evento nos seus escaparates e ACEBE CCA realizará promocións a través das redes sociais ao longo da semana.