Aberto o prazo para inscribirse no campamento “Conciliando no Nadal”

Servizos Sociais está nas Escolas do Asilo

O CEIP Vales Villamarín acollerá, entre os días 26,27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, desde as 9 ou 10 da mañá, para facilitar a conciliación, ata as 13 ou 14 horas un campamento infantil. Para participar nel hai que se anotar, nun prazo que abriu onte, día 9, e remata o venres día 13.

A folla para a inscrición pode descargarse no web municipal e debe ser presentada nas oficinas de Servizos Sociais, ubicadas nas Escolas García Naveira, na praza do Emigrante.