Aberto o prazo para anotarse nun roteiro para ver estrelas nas Fragas do Eume

Unha fraga autóctona

O goberno local organiza un roteiro polas Fragas do Eume, seguindo o percurso do sinalizado roteiro dos Cerqueiros. A actividade conta con interpretación ambiental e observación directa de estrelas, se o tempo o permite.

A saída está prevista para as 16:00 h do Cantón Claudino Pita en autobús ata o Miradoiro da Carbueira, Monfero. Cóntase con que remate sobre as 20:30 h e regreso a Betanzos sobre as 21:30 h. Inclúe un guia medioambiental especializado e un guía especialista en astronomía.

Son 30 prazas as que dispón a actividade, que terá lugar o 23 de novembro, e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Betanzos. As inscricións faceranse na páxina web www.novas.betanzos.es, na Oficina de Turismo e no Departamento de Deportes ata o próximo 20 de novembro