Aberto o prazo de renovación de matrícula na EMUF

Os participantes no encontro. Foto da EMUF

A EMUF (Escola Municipal de Floclore) abriu o prazo para realizar, de forma telemática, a solicitude de preinscrición para o vindeiro curso 2020-21. O trámite, destacado no web municipal, será unica e exclusivamente para alumnado que xa estivera matriculado na EMUF durante este curso 2019-20, truncado pola pandemia.

así, do 8 ao 14 de xuño o alumnado que estivo matriculado na EMUF no curso 2019-20 pode facer a súa solicitude de preinscrición cubrindo o formulario do web municipal.