A Semana Santa estrerá unha cruz tallada e túnicas para San Xoán

A talla gótica do Cristo dos Mareantes nun desfile da Semana Santa

A confraría da Semana Santa e o goberno local presentaron as novidades para as celebracións deste ano, cando faltan apenas quince días para que penitentes e imaxes crucen as rúas entre timbais e cornetas.

Nesta ocasión, estrearán a cruz tallada da Procesión do Vía Crucis, o Mércores Santo. Ata o momento viñan utilizando a gran cruz da capela maior de San Domingos, onde hai décadas se facía o calvario do Vía Crucis articulado que remataba co Santo Enterro.

Outra das novidades serán as vestimentas dos portadores de San Xoán Evanxelista, que sae o Sábado Santo. Ata o momento utilizaban a única vestidura realmente inspirada nos desfiles procesionais históricos, a utilizada na procesión dos Caladiños, de arrecendo gremial.

A confraría anunciou ademais que acaba de restaurar a coroa da Dolorosa de Santiago, que percorrerá o casco antigo o Xoves Santo, vestida co traxe deseñado por Jorge Vázquez para os desfiles.

O cinema “cóase” nas celebraciónss litúrxicas coa proxección de “O Maior Agasallo”, un documental de Juan Manuel Cotelo sobre o perdón, que se pasará no Alfonsetti o venres 12. A oferta complétase cunha nova edición do ciclo de música sacra e a exposición do escultor Francisco Escudero, que mostrará en San Francisco a peza “Cabeza de Cristo”. A mostra abrirá o Venres de Dores antes da misa solemne en honra da nosa Señora.