A Semana Santa comeza a coller forma

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

Para o venres desde as oito e cuarto do serán está prevista unha xuntanza da confraría da Semana Santa para organizar os desfiles procesionais deste ano. A cita, na igrexa de San Domingos, será a segunda xa que se celebre para este fin.

A confraría deu xa a coñecer o cartel co que anunciará os diversos actos deste ano. Nel figura a Dolorosa co mantón deseñado o pasado ano polo modisto betanceiro Jorge Vázquez.