A Policía Local denuncia por conducción temeraria a un veciño de Coirós

Interior do cuartel da policía local. Concello.

O pasado 28 de xullo un Opel Kadett protagonizou unha persecución de película polas rúas de Betanzos. Desde o Campo, partiu perseguido pola Policía Local cara a avenida de Castela, sendo interceptado na rúa Rosalía de Castro e logrando burlar aos axentes tras conducir marcha atrás varios metros por unha rúa de sentido único antes de correr en dirección prohibida e colisionar cun vehículo estacionado.

A fuga de A.R.B., residente en Coirós, rematou coa súa detención e control de alcoholemia, na que deu inicialmente 0,30 e posteriormente 0,37, cando o límite establecido é de 0,25 miligramos por litro en aire aspirado.

Agora afronta unha denuncia por conducción temeraria, desobediencia á autoridade por non inmobilizar o vehículo a ordes da Policía e por conducir baixo os efectos do alcol.

Contro de acceso nos Prateiros

A Policía Local activou estes días un operativo especial de vixilancia debido a que se detectou o acceso prohibido de vehículos á rúa Prateiros accedendo, en sentido contrario ao da marcha, pola Porta da Ponte Vella. Esta rúa é moi utilizada polos peregrinos e o tráfico está restrinxido aos residentes.