A policia local abre un atestado por incumprir o estado de alarma e posesión de cannabis

Interior do cuartel da policía local. Concello.

A policia local de Betanzos abriu un atestado polo incumprimento do estado de alarma a dúas persoas que viaxaban xuntas nun coche onte en Bravío.

O condutor carecía de carné e seguro e ademais estaban en posesión de cannabis. O incidente produciuse de madrugada e o condutor nunca tivera carné de conducir.