A OSG ofrecerá un concerto “especial” nas festas de agosto

Un concerto en San Francisco

Concello, Abanca e OSG presentaron onte o concerto “especial” da Orquestra Sinfónica de Galicia con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre a Castro de Untia.

O concerto, gratuíto, celebrarase o próximo 22 de agosto ás 21.00 horas na praza do Campo.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral , o presidente de honra de Abanca, Javier Etcheverría, e o xerente da OSG, Andrés Lacasa, presentaron onte o acordo de colaboración e avanzaron que será un concerto “único” con “chiscadelas” á cidade.