A oferta de roteiros incorpora un polo Betanzos oculto

Rollo xurisdiccional en Vila do Conde, Portugal. Un coma el deu nome á rúa do Rollo

Os roteiros turísticos deseñados polo goberno local incorporarán esta tempada, como novidade, o denominado “Betanzos Oculto”, que se estreará o 9 de maio. Con el preténdese dar visibilidade a aspectos da cidade menos coñecidos. “Betanzos conta cun gran patrimonio histórico, artístico e monumental, bastante coñecido pero tamén con lugares case ocultos, mesmo para os seus veciños, onde tamén tiveron lugar feitos históricos”, asegura o executivo local.

Así, esta ruta amosará onde se pesaba o sal e que facía do porto de Betanzos uno dos máis importantes do norte da península, que esconden os camiños desta vila, a orixe da rúa do Rollo, a presenza dos xudeus nesta vila, os sepulcros escondidos en camiños e ou os xardíns ocultos entre as pedras do centro histórico.