A maleza cubre o convento das Donas 11 anos despois de que o PSOE prometera a súa rehabilitación

Vista do convento das donas cuberto de maleza

Once anos despois, a maleza campa outra vez ás súas anchas polo que está considerado o edificio máis antigo de Betanzos que data do ano 1138. “A rehabilitación do convento das Doas pronto será unha realidade”, dicía o daquelas alcalde socialista, Manuel Lagares no ano 2006. Os boletines informativos do PSOE na recta municipal daquel mandato encargáronse de popularizar esta promesa.

Anos de anuncios incumplidos e proxectos frustrados acrecentaron o deterioro deste mosteiro con case mil anos de historia. Abandonado a beiras da estrada das Cascas, este convento en ruínas fai anos que deixou de atraer a atención dos turistas.  Tras renunciar aos seus plans de convertelo en albergue, centro multiusos ou local vecinal, o Concello deixou definitivamente este monumento na cuneta.

Só roces ocasionales permiten contemplar os restos e intuír a estrutura orixinal deste edificio. O seu abandono motivou innumerables queixas, o BNG volveu instar ao Goberno local a aclarar si ten algún proxecto para este monasterio de titularidad municipal. “Estaría ben saber si pretenden consolidar a ruína, darlle algunha utilidade social ao convento ou simplemente seguir axudándoo a caer para ir metendo aos poucos máis prazas de aparcamiento”, ironizou durante a sesión o nacionalista Henrique do Río. A súa formación lamenta que o Concello programe actos polo 800 aniversario da cidade mentres “deixa caer” o seu edificio máis antigo.