A Garda Civil detén por un suposto roubo dun coche

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña detivo a un veciño de Betanzos como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico e outro de apropiación indebida.

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos ocorreron no quilómetro 18 da AP-9. Os axentes seguían a pista da perpsoa debido á suposta apropiación indebida dun vehículo, que ademais conducía sen posuír o correspondente permiso de circulación.

A Benemérita informa de que o roubo do coche fora denunciada por outro veciño de Betanzos nas dependencias do Posto Principal da Garda Civil. O vehículo foi intervido e devolto ao seu dono. O detido foi posto ao dispor do xulgado, segundo informa o Instituto Armado.