A Deputación pon en marcha un programa de prevención de violencia machista nos institutos

Un instante do obradoiro no IES Francisco Aguiar. Imaxe do Concello

Os institutos públicos de secundaria de Betanzos comezaron a traballar a igualdade de xénero e prevención da violencia machista co programa “Publigualdade”, que imparte a ASEDUC. Esta acción educativa e preventiva está financiada pola área de igualdade da Deputación, que dirixe a nacionalista María Muíño.

A iniciativa principiou estes días no IES Francisco Aguiar e na vindeira semana comezará a impartirse tamén no IES As Mariñas. O obxectivo do programa é previr condutas machistas entre a mocidade.