A Deputación financia co POS+ un novo coche para a Policía betanceira

Vehículos policiais en Bergondo. Imaxe do Concello

O Concello de Betanzos sacou a contratación por 47 428 euros a compra dun novo coche para a Policía Local. O Concello financiará a adquisición con fondos do Plan Único (POS+) da Deputación.

O vehículo será un todo camiño que terá que ter motor de gasolina ou eléctrico e equipado co correspondente equipamento policial: sirena de alta e baixa intensidade, focos frontais, radioteléfono e biombo de separación entre asentos, detalla a Deputación nun comunicado.