A Coral elixe coma presidente a Manuel López Castro

Un intre do concerto da coral

A asemblea xeral da Coral Polifónica elixiu un novo presidente para dirixir a entidade os vindeiros anos. Será o sacerdote Manuel López Castro, que manterá a dirección artística do conxunto. O resto da xunta directiva compóñena como vicepresidenta, Mari Carmen Álvarez; Secretaria, Ana Veiga; Tesoureiro, Fulvio Bordón; e como vogais, Julia Ínsua, Isabel Orgeira, Francisco Bouzas e Vicente García.

A Coral quixo recoñecer o traballo da presidenta saínte, Lourrdes Vázquez, durante os doce anos consecutivos en que ostentou a presidencia da entidade.