A conselleira de vivenda anunciou que seguirán as rehabilitacións no casco vello de Betanzos

Betanzos. A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada da alcaldesa, María Barral, asinará o convenio para a protección do Plan especial de protección do casco histórico do municipio. No edificio Liceo
30/07/2019
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que as actuacións que ten en marcha o seu departamento para rehabilitar vivendas no barrio de Ferrol Lanuxe e no caso urbano de Betanzos  “avanzan de maneira significativa” coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles adquiridos ao amparo do programa ‘ Rexurbe’.

Así o asegurou Angeles Vázquez tras manter un encontro telemático cos equipos redactores encargados de elaborar os proxectos para poder acometer estas reformas, cos que unha se logrará que novos veciños póidanse asentar nestas zonas actualmente moi deterioradas. De forma paralela, no Concello de Betanzos, a oferta realizada en 2018 permitiu adquirir seis inmobles que tras a súa rehabilitación permitirá dispoñer de seis vivendas e un local comercial.

A conselleira de Medio Ambiente lembrou que esta iniciativa chegou en 2019 a outro municipio, xa que a Betanzos, Ferrol e Ourense uníronse Ribadavia ( Ouresne) e Tui (Pontevedra). Ao amparo desta nova convocatoria adquiríronse outros 11 inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos antigos destes cinco concellos.

Ángeles Vázquez adiantou que Ferrol e Betanzos son os dous concellos nos que se comprometeron máis actuacións do Programa Rexurbe, pois o ferrolán é o municipio no que se adquiriu o maior número de inmobles mentres que en Betanzos xa existen varias obras de recuperación en execución.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que a convocatoria deste ano 2020 vai dirixida a ámbitos urbanos dos conxuntos históricos da Coruña, Mondoñedo (Lugo) e Ribadavia, concellos que xa están a traballar ou están en fase avanzada de elaboración da documentación para a súa declaración como Área Rexurbe, unha figura recollida na Lei de rehabilitación.

Destinaranse 1,5 millóns de euros, asignando á cidade da Coruña un millón de euros ao ter en conta a dimensión do ámbito. Ademais, por primeira vez, tamén se lle lanza esta oferta no Concello de Mondoñedo, na que se lle asignan 300.000 euros, que xa conta cunha Area Rexurbe declarada, a primeira de Galicia, mentres que ao Concello de Ribadavia consígnanselle 200.000 euros.