A confraría presenta o video oficial dos desfiles deste ano

Un dos desfiles procesionais. Imaxe do Concello

Este venres, desde as oito e media do serán, a aula de cultura do Edificio Arquivo acollerá a presentación do vídeo oficial “Semana Santa de Betanzos 2017”, organizado pola Confraría de Semana Santa. O pasado día 24 rematou o prazo para enviar fotografías ao concurso do que sairá o cartel do vindeiro ano. Do 5 ao 19 de maio serán expostas conforme ás bases no Edificio Arquivo. Segundo as bases, onte reuníase o xurado para escoller a obra gañadora, que se publicará nestes días.