A confraría organiza unha cea para os participantes nos desfiles

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

A Confraría da Semana Santa organizará unha cea para todas as persoas que participaron e colaboraron coa Semana Santa. A iniciativa xurde dun “grupo de cofrades” e será “unha cousa sinxela” que terá lugar o sábado desde as dez da noite no Bar Candil. Os interesados, que achegarán 15 euros, deberán contactar con Olga Golpe (olga.golpe[arroba]gmail.com) para se anotar.