A CIG denuncia que o goberno Barral non aplica a suba de salario dos empregados públicos aprobada polo Estado

María Barral co bastón de mando do Concello. Foto de arquivo

A CIG denunciou que o goberno que preside María Barral non aplicou a suba do 0,9% que vén recollido na Lei de orzamentos do estado. Tras verificar que o executivo socialista non aplicara esta suba na nómina do pasado mes de xaneiro, a CIG solicitoulle ao Concello de Betanzos que lle pague aos traballadores e traballadoras os atrasos correspondentes á nómina do mes de xaneiro e actualice as retribucións con incremento correspondente de inmediato segundo o recollido na Lei de orzamentos xerais do estado para o 2021, tal e como corresponde.

“Resulta curioso que o goberno municipal non bula aplicar a suba retributiva dos orzamentos que lle afecta á totalidade do persoal laboral e funcionario, estea incluído ou non na RPT e demore esta suba equitativa que debería realizarse de trámite, máis aínda cando era coñecedor dela desde o pasado 31 de decembro” ironiza a Intersindical Galega.