A CeMIT forma a maiores sobre banca electrónica e redes sociais nos móbiles

No mosteiro de San Domingos están a biblioteca, o arquivo, o Museo das Mariñas, a Aula CeMIT e a OMIX

Co gallo do Día Internacional das persoas maiores que se celebra o día 1 de outubro, a Aula CeMIT ofrece unha sesión de formación sobre Aplicacións no móbil de banca electrónica e Aplicacións no móbil de redes sociais para persoas maiores na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.

A formación terá lugar durante de catro días e cunha duración total de 8 horas. As persoas interesadas poden apuntarse presencialmente na rúa Emilio Romay s/n, ou ben, a través do teléfono 981770011 extensión 2401.