A casa da xuventude o mellor resultado para o PP e as escolas o mellor para o BNG

Os 10.649 electores de Betanzos deron o seu apoio maioritario ao PP na xornada electoral do pasado domingo. A abstención en Betanzos foi do 39,25%, e dos votantes o 49,57% apoiaron ao Partido Popular.

A mellor mesa para o Partido Popular foi nunha das seccións da Casa da xuventude, a que marca a Magic Town betanceira, e que nestas eleccións tamén reflectiu o sorpasso do BNG ao PSOE.

Se ben o PP gañou nas 9 seccións electorais, o BNG conseguiu o seu mellor resultado nas Escolas cun 22,7% dos votos e obtivo un 23, 01% no total do concello con máis de 1400 votos que supoñen o mellor resultado histórico para a formación nacionalista no noso concello.

O PSOE tivo a súa mellor mesa en Xan Rozo (21,4%), onde aínda así quedou por detrás do BNG, un ano despois de acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais.

Dos grupos que quedaron sen representación no Parlamento galego, Podemos obtivo o seu mellor resultado na mesa do Concello cun 5,5% do voto mentres Ciudadanos só sobrepasou o 1% nas Escolas.