A Banda Municipal incorporou catro novos músicos no Concerto da Ilusión

Concerto da Banda en Santa María. Fotografía do Concello

Con motivo da festividade de Santa Icía, patroa da música, a Banda Municipal celebrou na igrexa do Azougue o Concerto da Ilusión, no que participan por vez primeira os músicos que se incorporan á agrupación.

Unhas horas antes, a banda, nun paseo pola cidade, recolleu, aos novos integrantes. Trátase de Martín Fernández  Doporto, Carmela Pintor Carracedo,  e Javier Sánchez Gómez (Clarinete) e  Anxo Facal París (percusión).