A Avenida de Castela estará hoxe sen auga

Avenida de Castela no visor Google Street. 

Desde as nove desta mañá ata aproximadamente as dúas da tarde, Viaqua cortará o subministro domiciliario de auga na avenida de Castela, e nas adxacentes rúa da Imprenta Villuendas e o núcleo do Piñeiro. A concesionaria conta con repoñer o subministro nas primeiras horas da tarde.

O motivo do corte son traballos de mantemento na rede.