A Aula de Cultura acolleu a presentación dun novo volume do Anuario Brigantino

PRESENTACION ANUARIO ANO 2019
25-setembro-2020 ARUME

A aula de cultura do Edificio Arquivo acolleu o pasado venres o acto de presentación do Anuario Brigantino número 42 que foi presentado polo director do Museo Arqueolóxico de Eivissa, conservador e director do Museo Arqueolóxico Nacional, catedrático da Universidad de Valencia e da Complutense de Madrid, Martín Almagro Gorbea. É, ademáis, académico de número e anticuario perpetuo da Real Academia de Historia.

O número recolle a crónica dos actos do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre a O castro de Untia, celebrados durante 2019.