A Aula de Cultura acolle o XI Ciclo de Teatro en Familia este decembro

Teatro de títeres

O goberno local programou o XI Ciclo de Teatro en Familia, co financiamento da Deputación, a Xunta, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e Gadis. Os pases, gratuítos, terán lugar todos os sábados de decembro ás seis da tarde na aula de cultura do Edificio Arquivo.

Polas táboas do seu escenario pasarán Gaia, da compañía Entremans (día 7), Os fabulosos Cleaners, da compañía Malasombra Produccións (o 14), Mai Mai de Baobab Teatro (o 21) e Ummm!! de Teatro Avento Produccións o sabado 28.