A Aula CeMIT aprenderá á mocidade a convertirse en youtuber

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

A Aula CeMIT programa para o inicio do ano obradoiro “Como convertirse en youtuber”. Trátase dunha actividade dirixida a persoas entre 14 e 30 anos para aprender todos os segredos da popular canle de vídeo, desde como abrir unha canle propia a como obter ingresos polos videos e publicidades a crear unha imaxe de marca e situar en redes sociais e internet os teus vídeos.

Os días 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:30. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT, no centro cultural San Domingos.