A Asociación contra o Cancro de Betanzos organiza unha andaina solidaria

A Asociación contra o Cancro de Betanzos organiza unha andaina solidaria que sairá da praza Irmáns García Naveira o domingo ás 11.00 horas.

A inscrición custa cinco euros e a oficina para apuntarse permanecerá aberta desde as 9.30 horas. As persoas interesadas poden realizar tamén a inscrición online.