A ANPA culmina o seu “Adiante co Botrato” cunha charla sobre prevención da violencia machista e a coeducación

Imaxe de arquivo do edificio principal do CEIP Vales Villamarín

Desde as sete e media do serán de hoxe, venres, o salón de actos do CEIP Vales Villamarín (ubicado no edificio principal do complexo escolar, no antigo comedor) acollerá unha charla para familias sobre prevención da violencia machista e a coeducación.

A cita está organizada pola ANPA Brigantium, do centro escolar, dentro do programa“Adiante co Botrato!”, que a A.N.P.A. Brigantium desenlvolve no marco das axudas destinadas a financiar actividades de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade, promovidas pola Secretaría Xeral da Igualdade, e financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia machista.

Está especialmente dirixida ás familias da comunidade escolar, mais é aberta ao público xeral.