A Angustia celebra a súa romaría

Procesión da Angustia. Imaxe de Protección Civil

Con varios oficios relixiosos ao longo do día e a tradicional procesión, pola tardiña, o lugar de A Angustia- principal núcleo de poboación da parroquia de San Pedro das Viñas- celebrou a súa patroa. O santuario barroco da Angustia acolleu a numerosos fieis que se achegaron para participar nos oficios relixiosos e renovar ou agradecer promesas á Virxe.

A esta imaxe ofrecéronse as cigarreiras da Coruña a finais do XIX, cando comezaron os problemas laborais na factoría da Palloza. Desde hai uns anos a esta saída tradicional suma outra, na procesión do Venres Santo.

A procesión, como é habitual, percorreu un treito da N-VI polo núcleo antes de retornar ao santuario, para o que contou co auxilio dun dispositivo especial de tráfico coa Policía Local e Protección Civil.