A alcaldesa desprazase a Fitur para presentar a Semana Santa

A alcaldesa de Betanzos, María Barral desprazouse tamén a Fitur onde presentou onte a Semana Santa betanceira, declarada de Interese Turístico en 2017. A rexedora destacou o traballo das confrarías, a implicación da cidadanía e o “marco incomparable” de Betanzos así como a tradición desta festa relixiosa.