O DECLIVE (INDUCIDO) DE PARGA

Aínda así, Parga négase a seguir na costa abaixo da perda de servizos e do abandono das administracións e amosa con cada novo estrangulamento, a súa capacidade mobilizadora para tentar evitar máis decisións negativas para a súa sobrevivéncia e así o ten demostrado nas asambleas e mobilizacións con ADIF, contra as decisións de ABANCA, e nestes días diante do SERGAS demostrando que a pesares dunha história de recortes, desatención, e perda de relevancia inducidas por deseños e decisións políticas, Parga sigue viva e reclama un trato de xustiza que os tempos lle teñen negado e que merece compensar.

Continue reading


A Deputación destina 10 millóns de euros para un PEL especial de apoio ás PEMES e autónomos

A consignación orzamentaria inclúese nos 21 millóns do expediente modificativo de créditos aprobado hoxe polo pleno

O pleno dá luz verde por unanimidade os primeiros 41,2 millóns do Plan Único 2020, que inclúen a execución de 231 obras nos concellos da provincia e preto de 4 millóns de euros para gastos sociais derivados da Covid19

Continue reading


O día 1 volve a feira con portas de entrada e saída, dispensadores de hidroalcol e seguridade privada

Estableceranse catro entradas e outras tantas saídas. Na zona de Valdoncel, na avenida de Castela, na Alameda, e rúa Rollo. Haberá un dispositivo especial de seguridade con Policía Local, Protección Civil, e efectivos de seguridade privada. Para acceder á feira terá que facerse con máscara e os visitantes terán á súa disposición hidroxel.

Continue reading