
A cita desenvolverase coas xa habituais medidas de hixiene e roteiros de entrada e saída. Os mercados semanais tamén se manteñen.
A cita desenvolverase coas xa habituais medidas de hixiene e roteiros de entrada e saída. Os mercados semanais tamén se manteñen.
Canto aos centros escolares os problemas centráronse modificación de frecuencias, modificación de paradas, de roteiros, novos autobuses e algúns deles sen ningún logotipo conducidos por traballadores que ignoraban onde estaban as paradas e, nalgúns casos, con condutores que, por descoñecemento, esixiron pagamentos de billete ao alumnado de ESO que non lle correspondía.
A posición non foi unánime entre os 40 clubs da Preferente galega. A Federación achegará fondos para garantir as medidas sanitarias de seguridade.
A institución provincial lembra que destinou este ano 15,5 millóns de euros en axudas para a reactivación económica e sempre apostou pola colaboración cos concellos para executalas
Con 28 novos positivos detectados nos úlitmos 14 días e unha incidencia acumulada de entre 150 e 250 casos por cen mil habitantes, Betanzos entra en risco alto de covid-19 cos datos publicados onte pola Xunta. O día anterior eran 21 os casos positivos diagnosticados na capital comarcal. A partir da vindeira media noite, todos os municipios do país- agás os que teñan risco extremo- estarán nesta situación dentro das medidas anunciadas polo presidente da Xunta para conter a terceira vaga da pandemia.
“A rede 4 G de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios” abonda.
Confirmouse a advertencia tras desestimar o PSOE as alegacións que os traballadores municipais fixeran á Relación de Postos de Traballo (RPT): a CIG anunciou que presentará recurso contencioso contra a Relación de Postos de Traballo que os votos do PSOE en solitario aprobaron no pasado decembro en pleno.
O goberno local de Bergondo abriu o proceso para adquirir un tractor con brazo desbrozador. O orzamento para a contrata é de cen mil euros e o prazo para presentar ofertas finaliza o próximo 26 de xaneiro, segundo recolle o prego de condicións.
“Iniciarse en la repostería es algo muy bonito y esos conocimientos los podéis compartir con vuestros familiares y amigos , e incluso los más peques de la casa , también pueden aprender y ayudar” comenta. Así que Xornal de Betanzos estreará unha columna máis dóce. Que aproveite!
Sada e Betanzos, entres os concellos que acollerán as primeiras actividades do programa que se desenvolve ao longo do primeiro trimestre e que se adaptará ás esixencias dos protocolos sanitarios da covid. O ciclo de actividades culturais difundirá o relato da guerra na arte contemporánea galega arredor da celebración o vindeiro 30 de xaneiro do Día Mundial da Paz.
O DOG publica os decretos de declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de mellora da intersección e de construción dunha senda na estrada AC-840. O obxectivo da Xunta é iniciar este mesmo ano ambas as dúas intervencións, que se realizarán de xeito coordinado e simultáneo