
“Tampouco se prevé a modificación da ordenanza de saneamento para que a veciñanza pague o mesmo polo enganche” concluíu o voceiro do BNG. O BNG tamén instara ao Goberno Local a investir o máximo posible do remanente para obras e servizos necesarios, toda vez que as últimas modificacións das leis o permiten con maior facilidade, para así axudar a manter o emprego.