A Deputación inicia as obras de construción da nova ponte sobre o río Mero que unirá os concellos de Oza-Cesuras e Abegondo

A Deputación da Coruña comezou as obras de construción da nova ponte na DP 0106 sobre o río Mero, no lugar da Barcia (Cis), que conecta os termos municipais de Oza-Cesuras e Abegondo. As obras foron adxudicadas hai uns meses por 255.516 euros, pero houbo que esperar a que o nivel das augas do río […]

Continue reading


Mañá festival folclórico en Betanzos para celebrar o día de Galicia

A Praza Irmáns García Naveira acollerá mañá, mércores 24 de xullo, o XXIII Festival Folclórico Día de Galicia. O acto comezará ás 20.00 horas e actuarán a Asociación Cultural Xóvenes do Pobo, Regueifeiros da Asociación Oral de Galicia e a Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos. O festival folclórico celebrase anualmente para celebrar […]

Continue reading


O TSXG reclama ao Concello de Miño o plan de pagos aos expropiados nun prazo de tres meses

O Concello de Miño ten pendente unha providencia na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o insta a  presentar entre os meses de setembro e outubro un plan de pagos dos intereses debidos aos expropiados de Costa Miño Golf. A débeda rolda, segundo os cálculos municipais, os oito millóns, un importe dificilmente asumible […]

Continue reading


O Concello non nomeará representante no CIEC ata que llo pidan

O Concello de Betanzos ten representantes en varios órganos e entidades nos que a administración municipal é socio ou ten que ter representación. No pasado foi a asemblea de Caixa Galicia e actualmente son arredor dunha ducia. De entre elas, no pleno de organización a alcaldesa, María Barral, propuxo nomear representantes nos consellos escolares dos […]

Continue reading


A praia das Delicias en Sada pechada ao baño debido á contaminación por fecais

A Consellería de Sanidade pecha ao baño na praia das Delicias de Sada tras detectar alta presenza de fecais nas dúas últimas analíticas, realizadas os días 15 e 17 de xullo, que arroxaron un índice de 2.000 unidades de e- coli en 100 mililitros de auga cando concentración máxima permitida destas bacterias é de mil […]

Continue reading


O Pleno de Abegondo oponse á subestación eléctrica

Os grupos da Corporación de Abegondo votaron en contra do proxecto de construción dunha subestación eléctrica que promove Rede Eléctrica no seu territorio. Os trámites desta actuación remóntanse a 2016 e o alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, mantivo recentemente unha reunión con responsables de Rede Eléctrica, que lle informaron da alternativa seleccionada finalmente. O Pl […]

Continue reading


O Pleno de Coirós aproba as mocións do BNG en relación coa seguridade viaria en Queirís

A portavoz do BNG, Pura Ferreño, defendeu no pleno do día 15 a moción que reclamaba o apoio para as alegacións veciñais diante do proxecto de mellora da seguridade viaria no Cruce de Queirís. “Este proxecto é froito das demandas e mobilizacións das veciñas e veciños ao longo de máis de 10 anos. O que […]

Continue reading