O mar das Malvinas

Manuel Suárez Suárez

Manuel Suárez

Sexan benvidos a este espazo espiritual no mar das Malvinas. Hoxe celebramos a segunda reunión anual aquí no meu definitivo fogar arxentino. O asunto está complicado por non dicir que é tráxico. A verdade é que nunca pensei que un goberno elixido nas urnas fose deixalos abandonados no fondo do mar. Creo que estarán comezando a aceptar que o país está en mans dun grupo de delincuentes. Vostedes, amiguiños, sodes uns insignificantes tripulantes dun submarino que en tempos de paz foi afundido por un país que coimea moi ben para manter a súa presencia colonial. Porqué non os rescataron? O primeiro é dicir que coa gran prensa do seu lado pódense permitir que nunca volvades a terra firme. O segundo é que 44 mortos non fan desgaste na seita macricida. Se mirades para alí podedes ver o porto de Mar do Prata. Algúns dos vosos familiares están a protestar. Piden que os leven para arriba. Que me estás dicindo? O brillo ou a opacidade nos vosos ollos está a indicar sen marxe de erro a quen votaron. Os familiares que quedaron na casa son os que comungan coas mentiras de Macri. Non teñan dúbidas de que o goberno coñece a exacta localización do ARA “San Juan”. O 15 de novembro o sistema de acoustic detection da US Office os Naval Intelligence rexistra un “evento anómalo, singular, curto e violento pero non nuclear”.

Pídovos que non vos anoxedes xa que agora é tarde para arrepentimentos. Os laios non valen de nada. Había que meter un voto de futuro na urna pero vos metestes a pata. Varios repetían coma papagaios as estupideces anti Cristina que espallaban nos medios mercenarios os que agora son ministros. Querían enriquecerse e fixérono. O maior éxito é ter do seu lado aos que botan do INTI e do Hospital Posadas. Están fortes xa que contan co apoio dos comedores de merda que disque están a gozar dunha rica crema pasteleira. Es así. Se Macri ri é porque sigue tendo entretida a pailanada co ataque aos pobres. Os votantes non elixiron a don Mauricio para que lles mellore a vida. Foi apoiado para que esmagase a paos ao graxa peronista da esquina que viña de mercar un coche en cotas. É curioso o constatar a moi alta porcentaxe de clase media que se contaxiou de aporofobia. Na vindeira reunión farei unha aclaración do concepto, se así o desexan, pero é mellor que se informen antes de vir. Aquí abaixo non hai lugar para indecentes nin para pelotudos. O mar encárgase de purificar a todo aquel que veña cargado de egoísmo e ignorancia. Aquí o que antes carecía de sensibilidade convírtese nun poeta do silencio. Os que non posuían aptitudes musicais son agora creadores de melodiosas armonías sonoras.

Quixera falarlles da miña querida Galicia. Neste mes celebramos o entroido no meu municipio natal de Fisterra que na bisbarra ten fama. Non poñades cara de sorpresa! Os galegos tamén nos disfrazamos aínda que non somos caretas como algúns porteños. Lembren que alá a festa é no inverno. Ao facer frío, antes de saír coa comparsa a percorrer as rúas da vila, enchemos o bandullo cun suculento cocido. A ver se logro que vos concentres. Se o intentades, poderedes ulir o alimenticio arrecendo da carne de porco (criado con millo), chourizo, garavanzos, patacas, grelos e repolo. É marabilloso! Eramos felices. Cantabamos diante de Santa María das Areas para que o mar nos recoñecese ao ir detrás dalgún cardume de robalizas ou sardiñas. Recoméndolles a lectura dun poema de Luís Franco titulado El mar se embarca que supongo les gustará a pesar de que el autor era de Catamarca. Lembro un anaquiño do poema: el mar, rugiendo y sollozando ebrio de la amargura de su sal. Agardo que o meu veciño de Avellaneda, Carlos Penelas, me achegue o seu último poemario titulado El mar en un espejo de otoño. Así, no vindeiro mes faremos unha lectura para analizar se o poeta coñece realmente o mar ou o imaxina. Chau, teniente Eliana e demás tripulantes do ARA “San Juan”. Vémonos o mes que ven.


Etiquetas: ,