Autor/a: Manuel Suárez Suárez

O mar das Malvinas en maio

Manuel Suárez Suárez

Sexan benvidos a este espazo espiritual no mar das Malvinas. Hoxe celebramos a nosa quinta reunión anual neste meu definitivo fogar arxentino. Véxoos cada vez máis derrubados e quero animalos. Non teñades a máis máis mínima dúbida de que o mangante que desgoberna a mi querida segunda patria rematará o seu período asulagado no oprobio e na ignominia. Agora vounos convidar cunha copa fresquiña de bo viño galego. Neste mes fago a miña hmenaxe particular aos que morreron naquel ano histórico de 1982. A noite do 10 de maio os covardes da fragata Alacrity afundiron o mercante Islad e los Estados. Se me permiten, vou facer un brinde. Agardo de corazón que no 2019 sexan levados a soterrar para que os vosos familiares poidan realizar as correspondentes honras fúnebres.

Os meses pasan. A dor de algúns familiares vai en aumento ao ver que os mangonean coma se fosen monicreques. É triste votar un goberno que te despreza pero o asunto vén de lonxe. Acórdome da quixa do rei Lear: Que época tan terrible estas na que uns idiotas gobernan a uns cegos! Ben, coido hai que precisar que a banda de Macri non practica a idiotez. Son expertos en mentir, manipular, ocultar e roubar. Se dixen “algúns familiares” é porque un grupo foi comprado polo macrismo para romper a unidade entre os afectados. Son os que acusan a unha ex ministra do gobierno anterior de ter “responsabilidade no deterioro do submarino”. Outros critican ao goberno. A irmá de Henrique Castillo dixo que “non sirve de nada falar con Aguad xa que hoxe di unha cousa e mañá, outra”. A nai de Gabriel Alfaro tamén criticou con contundencia.

O ministro Aguad nega que o submarino fose en misión perto das Malvinas. Aquí temos ao capitán Fernández que coñece o contido das mensaxes secretas do servizo de Intelixencia da Armada. Disque foi informado sobre a posición de barcos pesqueiros en zona exclusiva arxentina e sobre dous navíos de guerra identificados coma o HMS Clyde e o HMS Protector. Aceptamos que o capitán non fale para evitarlle reprimendas a súa familia porque é evidente que o gobernon non quere rescatar ao submarino. O sempre atento chaqueño Mempo Giardinelli comenta que “o goberno e os multimedios xa saben como agachar as presuncións cada vez máis contundentes de que o submarino ARA San Xoán foi enviado a unha misión imposible e torpedeado”. Son moi repugnantes. Ata interviron un grupo de WhatsApp de familiares para eliminar mensaxes e fotos.

O que máis me doe é que a propaganda electoral do contrabandista Macri fose tan efectiva. Non entendo como tantos arxentinos caeron no engano aínda que excúlpoos xa que se creron é porque son boa xente. Coido vén ben lembrar o que dixo Charles Bukovski: Se lograches enganar a unha persoa non quere dicir que sexa parva, quere dicir que confiaba en ti máis do que o merecías. Este goberno castiga aos bos como ben o exemplifica Mariano A. Mignini contrapoñendo mapuches a ingleses: Cuando tres mapuches te tiran cascotazos los cagás a tiros, ahora si los ingleses te sacuden un submarino te hacés el boludo. Con mentiras cotiás é difícil que o votante macrista se libere do irreal relato oficial. O enxeñeiro Ariel Garbarz afirma que “non queren atopar ao submarino” pero por desgracia son poucos os que saben deste informe científico que desfai todas as pantasmadas do goberno.

Dentro dun anaquiño saio para Fisterra. Vou sen présa. Coñezo ben as correntes mariñas. Quero estar alí a noite do 10 de maio para conmemorar a miña resurrección nas augas malvinenses do Atlántico sur. Aínda teño amigos e familiares que lembran cando embarquei por primeira vez nunha gamela para ir aos xurelos. Adeus, teniente Eliana e demáis tripulantes do ARA “San Juan”. Vémonos o mes vindeiro.