Taller práctico de encadernación artesanal

Data Comezo: 6 Setembro, 2018 - Data finalización: 4 Outubro, 2018

Horario: 18.00-20.00

Lugar: Libraría Biblos

A libraría Biblos organiza un novo taller práctico de encadernación artesanal. O mestre será José M. Liñeira, e terá lugar todos os xoves do mes de setembro e o catro de outubro entre as 18 e as 20 h. O prezo do curso serán 35 euros e o programa do mesmo tratará da historia da encadernación así como de contidos prácticos como o cosido de libro, o enlomado ou a montaxe da cuberta. É preciso inscribirse na propia libraría.