Exposición fotográfica “Sorrisos transformadores”

Data Comezo: 26 Xuño, 2018 - Data finalización: 12 Xullo, 2018

Horario: de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h días laborables, e de 11:00 h a 14:00 h os sábados.

Lugar: Edificio Arquivo

Co fin da visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans dentro das actividades do Día da Diversidade. Organiza: Concello de Betanzos, Deputación de Pontevedra, Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (ARELAS)