Castrapo

Data: 10 Novembro, 2018

Horario: 20 h

Lugar: Aula de Cultura, Edificio Arquivo

A cargo da compañía Náufragos. Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo da morte de seu pai, con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren que Daniel con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces. Unha viaxe á súa orixe. Castrapo fala do que fomos e xa non somos e do que somos e xa non seremos.