O Troula vence en Quiroga por 2-6

Un momento dun partido do Troula

Non foi o partido máis brillante do Troula, pero foi efectivo. Por 2 a 6 os betanceiros impuxéronse ao Covirán Quiroga no seu feudo, nun partido que tiveron de cara en todo momento e no que xa sumaban dous goles no primeiro cuarto de hora de xogo.

O conxunto visitante marchou en todo momento por diante no marcador, administrando a renda sacada no primeiro cuarto de hora comodamente.

O resultado déixaos como sétimos clasificados sumando 15 puntos, a expensas de recibir esta fin de semana ao pechacancelas, o Castroverde.