Tras caer en Cedeira o Betanzos comeza o ano ante o Ortigueira

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

No último encontro do ano, o Betanzos C.F. visitou o campo do Beco para medirse á Cedeira S.D. Impuxéronse os locais nun partido que comezaron controlando desde o inicio, e marcando o gol que inaugurou o marcador antes dos primeiros cinco minutos de xogo.

Os betanceiros reaxiron e buscaron a porta rival, establecendo a igualada ao fío do descanso. Pero tras a reanudación, os cedeirenses estableceron o 2-1 que xa non se movería.

Agora, o Betanzos comeza o ano recibindo ao Ortigueira, actual pechacancelas. Os betanceiros son agora mesmo o 4º clasificado, con 30 puntos.